La flor del agua v58

IGR: 0104. Versión: 58. Rima: á-a. Hemistiquios 44.

San Xuan de Lousame (ay. Lousame, p.j. Noia, A Coruña, España)

Mañanciña de San Xoan    cando o sol alboreaba
a Virxe Santa María    dos altos ceos baixaba
c`un ramaliño de flores    y-o libro donde rezaba.
Chegou onde a fonte fría    chegou onde a fonte clara
e botando a bendición    d`esta maneira falaba:
Dichosiña da doncella    que colla da flor da y-agua.
Oíuna a filla do rey    dend`o pazo donde estaba,
si depresa se vestira    mais de presa se calzara,
e pra chegar ond`a Virxe    mais depresa caminaba.
Señora, son a doncella    que collera a flor da y-agua,
xarriña trayo de vidrio,    vos m`a daredes de prata.
A filla do rey enton    vai catar a flor da y-agua,
mete a xarriña de vidrio    ¡e a saca toda dourada!
¿Quen lle podrá ser a señora    que estas maravillas faga?
Son a Virxe, miña filla,    son a Virxe Soberana.
Si a Virxe sodes, Señora,    contésteme a esta palabra,
si teño de ser solteira    ou teño de ser casada.
Casadiña, miña filla,    e mais ben afortunada,
casadiña con tres fillos    todos tres terán espada.
A nena cheia de gozo    cae no chan esmayada,
tocalle a Virxe María    co ramalliño na cara
y-a filla do rey esperta    ¡e esperta na sua cama!

Otros datos:
Variante en Materiales: -1a Mañanciñas.

Bibliografía:
Recitada por Dolores Mato Castro (73a). Recogida en 1903. (Archivo: MdeP; Colec.: Sampedro; cinta: Museo de Pontevedra col. B 248). Publicada en Sampedro y Folgar 1942, I, núm. 193, pp. 128-129 (música, vol. II, p. 42); BibGal s. p. 99:004 (ficha descriptiva). Reeditada en Carré Alvarellos 1959, núm. 101, pp. 150-151.