IGR: 0104. Versión: 58. Rima: á-a. Hemistiquios 44.
San Xuan de Lousame (ay. Lousame, p.j. Noia, A Coruña, España)
Mañanciña de San Xoan cando o sol alboreaba
a Virxe Santa María dos altos ceos baixaba
c`un ramaliño de flores y-o libro donde rezaba.
Chegou onde a fonte fría chegou onde a fonte clara
e botando a bendición d`esta maneira falaba:
Dichosiña da doncella que colla da flor da y-agua.
Oíuna a filla do rey dend`o pazo donde estaba,
si depresa se vestira mais de presa se calzara,
e pra chegar ond`a Virxe mais depresa caminaba.
Señora, son a doncella que collera a flor da y-agua,
xarriña trayo de vidrio, vos m`a daredes de prata.
A filla do rey enton vai catar a flor da y-agua,
mete a xarriña de vidrio ¡e a saca toda dourada!
¿Quen lle podrá ser a señora que estas maravillas faga?
Son a Virxe, miña filla, son a Virxe Soberana.
Si a Virxe sodes, Señora, contésteme a esta palabra,
si teño de ser solteira ou teño de ser casada.
Casadiña, miña filla, e mais ben afortunada,
casadiña con tres fillos todos tres terán espada.
A nena cheia de gozo cae no chan esmayada,
tocalle a Virxe María co ramalliño na cara
y-a filla do rey esperta ¡e esperta na sua cama!
Estudios académicos
Artículos y análisis relacionados con este romance (IGR 0104).
Todavía no hay artículos aprobados y vinculados a este IGR en la biblioteca.
Motivos documentados por Harriet Goldberg
Asociados al romance (IGR 0104); no necesariamente presentes en esta versión.
- Profecía: joven mujer se casará; la Virgen María le dice que tendrá tres hijos que serán reyes y una hija que será reina. (M314.0.2)
- N342.1. (N128.1.1)
Leer descripción completa
N342.1. Amante muere accidentalmente al intentar escalar la ventana o el muro de la dama.
- V29.10. (V277.3)
Leer descripción completa
V29.10. El confesor amenaza a la penitente con el infierno si no abandona su amor secreto.
- V29.12. (V277.4.2.1)
Leer descripción completa
V29.12. La novicia oculta su deseo profano y no se atreve a comulgar.