IGR: 0080. Versión: 58. Rima: 8+8 í-a. Hemistiquios 66.
Palleirós (ay. Manzaneda, p.j. Puebla de Trives, Ourense, España)
A casar se vai don Pedro, a casar con Morsolina,
e no medio do camiño, diull` un dolor de barriga.
Volta, volta, meu cabalo, volta, volta, vida miña,
qu`eu volvo pr`a miña casa, volvo pr`a miña casiña.
Hágame la cama, madre, para una perpetua vida.
Apaséate, meu filio, que ch`é dolor de barriga.
Hágame la cama, madre, para una perpetua vida;
non me llo diga a doña Ana, que está recién parida,
non me llo diga a doña Ana nun ano e mais un dia.
¡Válgame Dios, miña mai, miña sogra tan querida!
don Pedro que vai na caza muto tarda que non viña.
Don Pedro, que vai `na caza non ven nun ano e nun día.
¡Válgame Dios, miña mai, miña sogra tan querida!
de qué tempo van eiquí, as mulleres de recén a misa?
Unhas de sete semanas y autras cand` elas podían;
e tú, por ser miña nora, no has d`ir nun ano e nun día.
¡Válgame Dios, miña mai, miña sogra tan querida!
¿qué roupa levan eiquí, as mulleres de recén á misa?
Unhas van de lana y autras van de seda fina;
e tú, por ser miña nora, irás de luito vestida,
¡Válgame Dios, miña mai, miña sogra tan querida,
cando iba pol a iglesia, pol a iglesia arriba,
todas eran a decirme:
«Hora ven a viudiña, ¡qué garrida ven á misa!»
¡Válgame Dios, miña mai, pois eu marido tenía!
Esas sonch` as malas lenguas, que marmurar che querían;
don Pedro, que foi a caza, non ven nun ano e nun día,
que xa sabes, miña mora, que don Pedro moriría.
¡Llorar com` ela lloraba! ¡ganir com` ela ganía!
La ouira el rey del cielo, que grande voz le subía,
Cala tú, miña muller, cala tú, miña vidiña,
qu` eiquí teño eu duas sillas, aparexadas á miña,
unha e para ti,
y a outra e pra miña mai, que ben merecida a tiña.