IGR: 0559. Versión: 52. Rima: á. Hemistiquios 44.
La Peroxa (p.j. Ourense, Ourense, España)
Estando a miña ventana fiando e torcendo seda
vin vir un gran cabaleiro por antr`os olmos da Pena.
Entrevinme e pregunteille se viña cicais da guerra,
Por quén pregunta, siñora? Por quén pregunta, doncela.
Pregunto pol-o meu fillo sete anos hai que anda n-ela.
Ese seu filio, siñora, diante vosté se paseia.
Si ti fores o meu fillo, mais señas dado m`houberas.
Señas llas darei, siñora, que`eu as trayo pra llas dar:
onde vai miña cortexa?, onde vai dona Guiomar?
Tua cortexa, meu fillo, en garda debe de estar;
oxe lle tratan a boda, mañán, débese casar.
Por Deus pídolle, mi madre que ma deixe ir visitar . . .
Non vais aló, meu fillo, tratarán de ter matar.
Non matan, mi madre, non qu`eu hei saberlles falar.
Chegado â porta da noiva comenzou repinicar.
Qué queres, bon cabaleiro, que â porta me ves petar?
Cando xa me non coñeces, moito debín de mudar;
pero mais mudaches tí cando me fás agardar.
Niguém pode entrar eiquí solo meu home ha de entrar.
Cen onzas trayo conmigo metá teño de che dar.
Abríuselle a porta destoncias; tirou do cinto o puñal,