Señas del esposo v63

IGR: 0113. Versión: 63. Rima: á-a+í. Hemistiquios 59.

Picoña (ay. Salceda de Caselas, ant. Salceda, p.j. Tui, Pontevedra, España)

Estando doña Silvana    no seu xardín asentada,
cun peite d`ouro na man    seu cabelo peiteaba.
Mirou vir ollos amantes    que para ela miraban.
Diga, diga, capitán,    diga por a súa i-alma,
marido que Dios me deu    ¿anda na súa compaña?
Nin o vin, nin o coñezo,    nin sei que sinal levaba.
Levaba cabalo blanco,    cinta encarnada na espada,
en a punta da súa lanza,    unha cinta colorada.
Por las sinals que me dais,    ele na guerra andaba;
a primeira lancetada,    foill` a cabeza cortada.
¡Ai de min, ai de min,    
qu` hasta agora fun señora,    i agora serei criada!
¿Canto dera, real señora,    quien te lo truiera aquí?
Tres hijas que Dios me deu,    todas tres volas aquí.
Eu non quero a[s] vosas fillas    porque elas quérenme a min.
¿Canto dera, real señora,    que te lo truxera aquí?
As tellas de meu tellado    son de ouro a marafil.
¿Canto dera, real señora,    por telo traer aquí?
Teño un carabel de enxorza,    teño eu no meu xardín.
Eu non quero as vosas rosas    que elas preténdenme a min.
Son soldado, vou prá guerra,    todo queda por aquí.
¿Canto dera, real señora,    que te lo truiera aquí?
Non tengo más que vos dar,    nin vos más que me pedir.
Retírate, capitán,    retírate diante min,
que están me[u]s irmáns en casa    que te non vexan aquí.
Non temas de teus irmáns    que cuñados son de min,
témete de teu marido    que o tes diante de ti.
Si tu meu marido foras,    te quixera más ca min;
décheme un anillo d`ouro    a mitad dareicha a ti.
Trai acá a túa mitad    qu` a miña xa vola aquí.

Otros datos:
Nota: la informante reside en Vigo.

Bibliografía:
Recitada por María Grobas (85a). Recogida en Vigo por Alfredo López, 1945. (Archivo: AMP). Publicada en López 1946, pp. 204-205. Reeditada en Carré Alvarellos 1959, pp. 161-163, nº 68 y RT-Galicia 1998, pp. 310-311.