IGR: 0095. Versión: 4. Rima: í-a. Hemistiquios 40.
Moire (ay. Piñor, p.j. Piñor, Ourense, España)
Xa bate o sol na vidreira, xa no pazo loce o dia,
cando o conde d`Alemana coa linda reina dormía.
O rei non sabía nada, ninguén na corte o sabía,
sólo era a infanta Juliana, filla da misma reina.
Por Dios che pido, Juliana, que esto non sea sabido.
Palabras no eran ditas, o rei á porta batía.
¿Que é iso, filla Juliana, que esmorrente te ponías?
Vena, vena, señor pai, que eu xa contarllo quería:
estando ala no sobrado tecendo no meu tear,
ven o conde d`Alemana e un biquiño me foi dar.
Filla, como o conde é neno, gusta moito de brincar.
Xuncras leven ó tal neno que me quixo deshonrar.
Altos, altos, miña filla, que eu o mandarei matar.
Á mañán do i-outro dia óyense sinos dobrar.
¿Que sinos serán aqueles que no pazo oyo dobrar?
E o conde d`Alemana que o levan a degollar.
¡Oh, mal hayas ti, Juliana, máis o leite que mamaste,
era o conde tan bonito y a morte lle procuraste!
Cálese, mi madre, cálese, cálese, que ben debía,
que a morte que o conde leva tamen vosté a merecía.