IGR: 0503. Versión: 10. Rima: í-a. Hemistiquios 74.
Santa Mariña (parr. Castro de Amarante, ay. Antas de Ulla, ant. Antas, p.j. Chantada, Lugo, España)
Todas as fillas do rei casadas e con familia,
e eu, por ser a máis bonita, aquí me encontro rendida.
¿E que queres que che faga, que che hei facer, miña filla,
[e que queres que che faga] si pra ti no hay compañía?
non sendo don conde Alberto, casado e con familia.
Mándeo chamar, mi padre, de súa parte e da miña,
mándeo chamar, mi padre, que algún remedio habería.
Mándame chamar o rei, non sei que me querería,
se será para meu ben, se será para meu mal.
¿Qué me quería, buen rey, qué me quería usía?
Quero que mates a muller, pra casar coa miña filla.
¡Ay Dios mío, ay Dios mío, que eso non o merecía!
Mata, conde Alberto, mata, e casas ca miña filla.
Chegou o conde á súa casa con máis pesar que alegría;
mandou cerrar os palacios, cousa(s) que nunca facía,
e sentouse á mesa facendo que comía;
las lágrimas dos seus ollos polos manteles corrían.
Baixou a condesa abaixo pa lle dar alegría.
¿Qué te pasa, conde Alberto, qué te pasa a ti, mi vida?
Dime algo de tus pesares, que eu che darei alegría.
Mándame o rei que te mate pa casar coa súa filla,
porque non hai outro rei e que non ten compañía.
Cala, home, cala, home, que algún remedio habería,
cala, home, cala, home, que eso logo se facía.
Manda chamar ao ciruxano que me faga unha sangría,
voume escorrendo da sangre, váiseme acabando a vida.
Déixame dar unha volta da sala para a cociña;
despedirme dos criados con quen eu tanto vivía,
[despedirme dos criados] a mais da miña casiña,
a mais das miñas criadas con quen eu adevertía.
Tráiame pa acó esa nena, que a quería peinar,
traime esa outra máis pequena, que lle hei de dar de mamar.
Mama, miña nena, mama, este leite de amargura,
que mañana de estas horas estarei na sepultura.
Tocan os tinos en Francia, ¡ay Jesús! quen morrería.
Morreu a filla do rei, dunha morte repentina,
por descasar os ben casados, cousas que Dios non quería.