IGR: 0189. Versión: 11. Rima: 6+6 estróf.. Hemistiquios 44.
Baralla (ay. Baralla, ant. Neira de Xuxá, p.j. Lugo, ant. Becerreá, Lugo, España)
Ábreme a porta, cérrame o postigo
e faime a cama, que venño mui frío.
Si tu ves frío, volve en boa hora,
portas da miña casa no se abren ahora.
Levántate, nena, de ese sono vil,
da limosna probe que che ven pedir,
baixa â bodega, dalle pan e viño
a ese probe cego que anda o seu camiño.
Lle non quero pan nin tampouco viño,
quero que esa nena me enseñe o camiño.
Elí hai un horto, detrás hai un pino,
por debaixo pasa un lindo camiño.
Eu ben vexo o horto, tamén vexo o pino,
son corto de vista, non vexo o camiño.
¡Ai, qué cego este de más fantasía!
trai sortixa d`ouro, a min me rendía.
Toma esta sortixa, que é de ouro fino;
por un solo Dios, vente tú conmigo.
De ricos e condes vinme pretendida
y ahora d`un cego véxome rendida.
Cala, miña nena, cala, miña filla,
qu` o fillo d`un conde va en tu compañía.