Caballero burlado v4

IGR: 0100. Versión: 4. Rima: í-a. Hemistiquios 60.

Quintela do Pando (ay. Viana do Bolo, ant. Viana, p.j. Pobra de Trives, ant. Viana do Bolo, Ourense, España)

A cazar se vai don Pedro,    a cazar como solía;
os perros leva cansados    i a cabeza lle doía.
Escureceulle no monte,    nunha espesa montiña,
s`arrimar` ó pé dun roble    que rico tronco tenía.
Indo pola media noite,    ergueu os ollos pra arriba:
vira estar unha doncela    nunha galliña tendida.
Os dentiños da súa boca    parecen a neve fría,
os olliños da súa cara    todo o mundo escrarecían.
¿Que fais aí tu, doncela,    que fais aí tu, miniña?
Estou cumplindo unha fada    que me votou mi madriña,
que ma votou por set` anos,    por set` anos mais un día;
hoxe s`acaban os anos,    mañana se comple el día.
Vénte conmigo, doncela,    vénte conmigo, miniña,
lévote pra a miña casa    e séntote nunha silla.
Montoua no seu cabalo,    el na i-anca, ela na silla;
no cima daquela costa    a doncela se sorría.
¿Por qué te ríes, doncela,    por qué te ríes, miniña?
Ríome do cabaleiro    e da súa cobardía,
qu` alcontrou a miniña no monte    e usoulle de cortesía.
Vuelta, vuelta, mi caballo,    hasta la fontiña fría,
qu` alí me queda mi espada,    alí me queda esquecida.
Non use usted, cabaleiro,    non use de picardía,
que s`a súa espada é de plata,    meu pai d`ouro lla daría.
¿Quen era ese teu pai    que tanto ouro tenía?
Eu sou filla do plateiro    da máis alta platería.
Sigún te vas explicando,    tú eres hermana mía.
Ábreme las puertas, madre,    con gran gozo y alegría,
pensáballe traguer nora    e tráigoll` unha súa filla.
Si me tragueras unha nora,    eu mui ben cho estimaría,

Otros datos:
30 si me traes a miña filla, eu muito máis cha quería.

Bibliografía:
Recitada por Carmen Nogueiras. Recogida por Alfonso Hervella Courel, antes de 1909. (Archivo: AMP). Publicada en RT-Galicia 1998, pp. 209-210.
[0164 La Infantina contam.]