IGR: 0255. Versión: 7. Rima: á. Hemistiquios 48.
Cuiñas (parr. Piquín, ay. Ribeira de Piquín, ant. Meira, p.j. Fonsagrada, Lugo, España)
Aventura ficen, madre, contra o rei de Portugal,
de lle dormir coa filla antes de o galo cantar.
Aventura, ai meu fillo, mal fixeche aventurar,
que co rei non has de ganar.
Poñera-la miña roupa que poño polo San Juan,
pillara-la miña roca e levarala pra hilar;
e á porta de Mariana irásteme pasear.
Mariana éche falangueira e hache de salir falar.
Buenas tardes, hilandera, tan corta en el hablar.
Tecendera soy, señora, e aló de junto do mar.
Teño unha tea ordida, non teño con que a tapar.
O tapón haillo aquí, pero está por devanar.
Deváneo logo, señora, que xa me é hora de marchar.
Unha doncela de noite mal poderá camiñar.
Esta noche, tecendera, dormiremos par y par.
Tengo miedo a sus perros, que me vengan a agarrar.
No tenga miedo a mis perros, que `o los mandaré callar.
Tengo miedo a sus criados, que me hagan rabear.
No tenga miedo a mis criados, que `o los mandaré callar.
Esta noche, tecendera, dormiremos par y par.
Allá a la medianoche voces Mariana da.
El rey, que la ha oído, del palacio donde está:
¿Tú qué tienes, ay Mariana, o quién te hace rabear?
Aventura que ficen co rei, que ma veña a pagar.