IGR: 0255. Versión: 29. Rima: á-e. Hemistiquios 30.
Cerdedo (ay. Cerdedo, p.j. A Estrada, Pontevedra, España)
Unha aposta teño feita, unha aposta hei de ganar
de dormir con Lauriana autes do galo cantar.
Non apostes tal, meu fillo, non-o queiras apostare,
que Lauriana eche moza que non se deixa engañare.
Déme unha saya, mi madre, qu`eu lle saberei falare.
Ispóuse os calzos de home, vestiu saya verdeale,
cofia de liño a cabeza e aderezos de corale,
pux`unha roca na cinta, unha roca de fiare,
y-a porta de Lauriana a modinho foi petare.
¡Ave-María-Purísima sin pecado originale!
¿Quen será esa señora que tan ben soupo falare?
Son unha tecedeiriña da raya de Portugale,
fáltame un pouco de lenzo veno a si m`o pode daré
Ese lenzo, tecedeira, inda está por devanare,
entre adentro, tecedeira, que moi ben m`ha de axudare.
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
Variante: -1b gañare, cantare, en los Materiales, de acuerdo con el resto del romance, asonantado en `á-e`.
Nota: Incompleto, según confiesa en nota del colector: «Suprimimos el resto, pudoris causa.»