IGR: 0168. Versión: 1. Rima: í. Hemistiquios 20.
Cerdedo (p.j. Estrada, Pontevedra, España)
¿Onde vas, triste soldado, onde vas, triste de ti?
Vou ver miña namorada qu` hai ben tempo non a vin.
Túa namorada é morta, eu coas honras lle corrín.
Dáme as señas que levaba para me eu fiar de ti.
As señas que ela levaba eu chas saberei decir:
levaba medias de seda, zapatos de carmesil,
catro frades a levaban, todos de San Agustín,
catro monxes a choraban sólo por amor de ti.
Arre, arre, meu cabalo, á capilla de San Fis.
Ó chegar xunta capilla unha sombra vexo vir.
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .