IGR: 0436. Versión: 7. Rima: á-a. Hemistiquios 22.
[San Pedro De] Nos (ay. Oleiros, p.j. A Coruña, A Coruña, España)
Dei de comer ós boicinos e marchei para a labrada,
al dar o primeiro rego esqueacérame a aguillada;
entrepuxen os meus bois, dei volta por ela a casa.
Mais cando cheguei a ela, topei a porta cerrada.
Ábreme a porta, Marica, ábreme a porta, malvada.
Eu a porta non che abro que che estou moi ocupada.
Dei a volta pola eira, por donde eu acostumbraba,
e topei a Mariquiña atando a súa saia.
¿Que é aquela cousa roxa que está debaixo da cama?
O gato do señor cura que anda coa nosa gata.
Eu nunca vin gato roxo ter na cabeza unha calva.