Conde Alemán v4

IGR: 0095. Versión: 4. Rima: í-a. Hemistiquios 40.

Moire (ay. Piñor, p.j. Piñor, Ourense, España)

Xa bate o sol na vidreira,    xa no pazo loce o dia,
cando o conde d`Alemana    coa linda reina dormía.
O rei non sabía nada,    ninguén na corte o sabía,
sólo era a infanta Juliana,    filla da misma reina.
Por Dios che pido, Juliana,    que esto non sea sabido.
Palabras no eran ditas,    o rei á porta batía.
¿Que é iso, filla Juliana,    que esmorrente te ponías?
Vena, vena, señor pai,    que eu xa contarllo quería:
estando ala no sobrado    tecendo no meu tear,
ven o conde d`Alemana    e un biquiño me foi dar.
Filla, como o conde é neno,    gusta moito de brincar.
Xuncras leven ó tal neno    que me quixo deshonrar.
Altos, altos, miña filla,    que eu o mandarei matar.
Á mañán do i-outro dia    óyense sinos dobrar.
¿Que sinos serán aqueles    que no pazo oyo dobrar?
E o conde d`Alemana    que o levan a degollar.
¡Oh, mal hayas ti, Juliana,    máis o leite que mamaste,
era o conde tan bonito    y a morte lle procuraste!
Cálese, mi madre, cálese,    cálese, que ben debía,
que a morte que o conde leva    tamen vosté a merecía.

Bibliografía:
Recitada por María García (62a). Recogida por Víctor Said Armesto, 1904. (Archivo: AMP; Colec.: María Goyri-Ramón Menéndez Pidal). Publicada en Said Armesto 1997, Poesía popular gallega, p. 120. Reeditada en RT-Galicia 1998, nº 67bis, p. 565 (Addenda).